Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 15 de xullo de 1999 (DOG nº 143, do 27 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 15 de xullo de 1999.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998,
do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1999.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude
ANEXO
NRP: 7635288357 A2051.
Grupo: B.
Apelidos e nome: Pena Casas, María Pilar.
Código do posto: FA.C02.00.001.15770.025.
Denominación: inspector centros.
Nivel: 25.
Dependencia: secretaría xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.