Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.229

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de setembro de 1999 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento de notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 22 de abril de 1999 (BOE do 8 de xuño), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que de seguido se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-José Manuel Piñeiro Prieto, notario de Ponferrada, 2ª, para a Notaría de Vigo (Pontevedra).

-María Mercedes Bermejo Pumar, notaria de Pontevedra, 1ª, para a Notaría da Coruña.

-María José Gil Caballero, notaria de Ponteceso, 3ª, para a Notaría de Betanzos (A Coruña).

-María de la Cruz Nieto Peñamaría, notaria de oposición 1997, para a Notaría de Mugardos (A Coruña).

-Rafael González Gozalo, notario de oposición 1997, para a Notaría de San Sadurniño (A Coruña).

-José Luis Bellot Sempere, notario de oposición 1997, para a Notaría de Quiroga (Lugo).

-Manuel Mariño Rama, notario de Celanova, 3ª, para a Notaría de Xinzo de Limia (Ourense).

-Javier Fernández Carratala, notario de oposición 1997, para a Notaría da Pobra de Trives (Ourense).

-María Encarnación de la Fuente Solana, notaria de oposición 1997, para a Notaría de Bande (Ourense).

-Luis Tadeo Baciero Ruiz, notario de oposición 1997, para a Notaría de Guitiriz (Lugo).

-Juan Aznar de la Haza, notario de oposición 1997, para a Notaría de Porto do Son (A Coruña).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

Director Xeral de Xustiza e Admón. Local