Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación Entienza, 2468.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria

con data do 1 de outubro de 1998, outorgou a concesión derivada do permiso de investigación Entienza número 2468, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Salceda de Caselas, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 23 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra