Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación polo sistema de concurso polo procedemento aberto da asistencia técnica para a redacción do estudio informativo de planeamento, diagnose da rede de transporte por estrada nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol e as súas áreas de influencia. (Clave GA/99/60.0).

Orzamento: 90.037.970 ptas. (noventa millóns trinta e sete mil novecentas setenta pesetas), equivalentes a 541.139,10 euros.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios Administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 49 86, telefax : 981 54 47 91.

2. Procedemento de adxudicación.

Concurso aberto.

3. Lugar de ejecución.

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a) Posibilidade de que, conforme normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión.

A indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

b) Referencia da devandita norma legal, regulamentaria ou administrativa. Prego de prescricións técnicas particulares.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o mellore.

7. Prazo de execución do contrato.

18 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no punto número 1.

b) Data límite para presentación de proposicións:

28 de outubro de 1999 ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 10 de novembro de 1999, ás 11 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.800.759 ptas.), equivalente a 10.822,78 euros.

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (3.601.519 ptas.), equivalente a 21.645,57 euros.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pago efectuarase a tanto alzado segundo o establecido no parágrafo 12 do prego de cláusulas técnicas particulares.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no el prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

Aportaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

17. Data de envío do anuncio.

7 de setembro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

7 de setembro de 1999.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

P.D. (Orden 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Terriorial,

Obras Públicas e Vivenda