Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da execución das obras da primeira fase do proxecto de construcción do conservatorio de música na antiga estación de Renfe.

1. Entidade adxudicadora: organismo. Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 3952/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras da primeira fase do proxecto de construcción de conservatorio de música na antiga estación de Renfe.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 126.066.055 ptas.

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d e grupo J, subgrupo 2, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: modelo de proposicións axustarase á cláusula 8 de prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 26 de agosto de 1999.

Luis Pérez Castrillo

Alcalde