Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno, en sesión do día 24 de agosto de 1999, os pregos de condicións económico-administrativas, que han de rexer na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras dos proxectos de:

-Accesos a núcleos de Cotá, Narla, Ramelle, O Paraño e A Valiña.

-Iluminación pública en Xul, Arriba, O Rodo do Muíño, Arxerei e A Gándara.

-Iluminación pública en Anxeriz e Taín.

Expóñense ó público polo prazo de oito días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, na secretaría deste concello, para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Friol, 24 de agosto de 1999.

Antonio Muíña Pena

Alcalde

Concurso.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións económico-administrativas e a contratación mediante tramitación urxente por concurso aberto das seguintes obras:

-Accesos a núcleos de Cotá, Narla, Ramelle, O Paraño e A Valiña.

-Iluminación pública en Xul, Arriba, O Rodo do Muíño, Arxerei e A Gándara.

-Iluminación pública en Anxeriz e Taín.

Agora ben, no suposto de producírense reclamacións contra aqueles, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Friol.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición do obxecto:

-Accesos a núcleos de Cotá, Narla, Ramelle, O Paraño e A Valiña.

-Iluminación pública en Xul, Arriba, O Rodo do Muíño, Arxerei e A Gándara.

-Iluminación pública en Anxeriz e Taín.

b) Lugar de execución: municipio de Friol.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

a) Accesos a núcleos de Cotá, Narla, Ramelle, O Paraño e A Valiña: 14.836.246 ptas.

b) Iluminación pública en Xul, Arriba, O Rodo do Muíño Arxerei e A Gándara: 5.302.101 ptas.

c) Iluminación pública en Anxeriz e Taín: 5.550.684 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe das obras.

b) Definitiva: 4% do remate.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Friol.

b) Domicilio provisional: r/ Deputación, s/n.

c) Teléfono: 982 37 50 01.

d) Data límite obtención de documentos e información: trece días contados a partir da segunda das publicacións no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a que legalmente lle corresponda en cada caso.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante os trece días naturais contados a partir da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Friol.

9. Apertura de proposicións:

No salón de sesións, ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións non coincidente en sábado.

10. Gastos.

O contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen con motivo dos trámites preparatorios e de formalización dos contratos, así como ó pagamento dos impostos que graven a adxudicación.

Friol, 24 de agosto de 1999.

Antonio Muíña Pena

Alcalde