Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: retranqueo L.M.T., Ponte da Barca-Campelo.
Situación: Poio.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 169 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde la L.M.T. Sanxenxo rematando na mesma liña. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde la L.M.T. Sanxenxo rematando na mesma liña, concello de Poio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xullo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra