Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/308-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Alén 22-Cepeda.

Situación: Pazos de Borbén.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 12 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da derivación da L.M.T. ó C.T. Enagás, ata o C.T. que se proxecta en Alén 22-Cepeda, concello de Pazos de Borbén. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 205 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 63 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra