Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

En virtude do acordado pola Comisión de Goberno, en sesión do día 2 de agosto de 1999, anúnciase concurso con procedemento aberto, para a adxudicación das seguintes obras, incluídas no Plan de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais de 1999, denominado:

-Vías e accesos a núcleos de poboación na parroquia de Aranga.

Tipo de licitación: 3.979.520 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

-Vías e accesos a núcleos de poboación na parroquia de Muniferral.

Tipo de licitación: 3.311.460 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

-Vías e accesos a núcleos de poboación nas parroquias de Vilarraso e Fervenzas.

Tipo de licitación: 3.252.740 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza: provisional do 2 % e definitiva do 4 % do prezo de licitación.

Expediente: poderá ser examinado en secretaría, en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, nas oficinas municipais, en horas de 9 a 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesións, o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 2 de agosto de 1999.

José Mosquera Maceiras

Alcalde presidente