Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de equipos de comunicacións para a creación dunha rede corporativa. S99/91.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S99/91.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipos de comunicacións para a creación dunha rede corporativa. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores nas súa oferta, e non poderá ser superior a trinta días, a partir da data de adxudicación do contrato.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 45.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 900.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: as ofertas presentaranse ata o día 18 de outubro de 1999, rematando ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si. Ata tres solucións técnicas ou económicas.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o día 25 de outubro de 1999. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de equipos de comunicacións para a creación dunha rede corporativa».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 26 de agosto de 1999.

A Coruña, 31 de agosto de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado