Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de agosto de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00077-O-1999 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 9 de agosto de 1999.

P.D.

Adelaida Herrero Marcos

Xefa da Sección de Inspección

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00077-O-1999

V-7802-CL

G.C. Tráfico

Felipe Maestro, S.L.

C, 200-7,

46190 Riba-Roja del Turia (Valencia)

Circular transportando coches desde Baralla a Narón, carecendo de tarxeta de transporte.

21-1-1999; 8.20; N-651; 24,000

199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987,

Art. 201 R.D.

1211/1990.

5.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00204-O-1999

PO-0835-AZ

G.C. Tráfico

Garcotrans, S.L.

Guixar terminal Cont., s/n

36207 Vigo (Pontevedra)

Circular cun tractor camión en servicio público carecendo este dos distintivos correspondentes.

23-2-1999; 11; AC-115; 618,200

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei

16/1987,

Art. 201 R.D.

1211/1990

15.000 ptas.
XC-00260-O-1999

C-3216-AW

G.C. Tráfico

Reprografía Galicia y Suministros, S.L.

La Grela-Bens, A Ermida, 16

15008 A Coruña

Carece-lo vehículo de tódolos distintivos correspondentes. Transporta material de oficina.

25-2-1999; 18.45; N-VI; 589,6

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei

16/1987.

Art. 201 R.D.

1211/1990

15.000 ptas.
XC-00395-O-1999

C-9124-BZ

G.C. Tráfico

Embagal, S.L.

Pol. Pocomaco, Parc. G, 18

15008 A Coruña

Realizar transporte de embalaxes da Coruña a Lestedo con tarxeta MPC-nacional carecendo de tódolos distintivos.

15-3-1999; 16.05; N-550; 47,000

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei

16/1987.

Art. 201 R.D.

1211/1990

15.000 ptas.