Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 6 de agosto de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00853-I-1999).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que

se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes, no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12), expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 6 de agosto de 1999.

P.D.

Adelaida Herrero Marcos

Xefa da Sección de Inspección

ANEXO

Expediente: XC-00853-I-1999.

Matrícula: C-4004-BS.

Denunciante: LO15CO50799623.

Denunciado: Francisco Panete Guzmán.

Último enderezo coñecido: Concepción Arenal, 6-2º D, 15578 Narón (A Coruña).

Feito denunciado: realizar transporte de gando vacún (5 xatos) desde Melide a Narón, co vehículo matrícula C-4004-BS que está en posesión dunha autorización de transportes de clase MDL-N, que presenta un peso total na báscula de 4.050 kg, estando autorizado para un P.M.A. de 3.500 kg, o que supón facer transporte con 550 kg de exceso que representan un 15,7% de exceso sobre o seu P.M.A.

Data: 27-6-1999.

Hora: 9.46.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 15.000 ptas.