Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.972

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 31 de agosto de 1999 polo que se fai pública a resolución da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia sobre nomeamento de secretarios de xulgados en réxime de provisión temporal.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data: 30 de agosto de 1999. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta Xerencia Territorial, no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no punto undécimo da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Vacacións con data: 26-8-1999.

Provincia da Coruña.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, María Luisa Cobas Martínez.

Provincia de Pontevedra.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous 2 de Tui, Benita María Gándara Valije.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial.»

Igualmente faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Vacacións con data do 26-8-1999, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta presidencia un exemplar del para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 31 de agosto de 1999.

Antonio González Nieto

Presidente accidental do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia