Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.972

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 14 de xullo de 1999, da Delegación de Oviedo, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que están pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir. O órgano responsable da tramitación dos citados actos é a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo nº 1, de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial da comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo, ou na delegación ou administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtense os interesados de que, de non compareceren no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 14 de xullo de 1999.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.

B33429754Sanción Exp.:1997/LU-00936-O P. Ter. O

Simtec Servicios integrales de Oviedo

r/ Campoamor, 28; 1-5

B33429754Sanción Exp.:1997/LU-00946-O P. Ter. O

Simtec Servicios integrales de Oviedo

r/ Campoamor, 28; 1-5