Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO.

Aprobados polo alcalde deste concello con data do 4 de agosto de 1999, os proxectos e o prego de condicións económico-administrativas, que polo sistema de concurso público urxente e procedemento aberto rexerán na contratación das obras que no punto 2 se indican, expóñenxe ó público polo prazo dos oitos primeiros días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio do DOG e no BOP-

Así mesmo, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicataria.

Concello do Rosal. Praza do Calvario nº 1, Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Concello do Rosal.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

a) Melloras das instalacións e no medio rural (orzamento de execución: 6.204.760 ptas.).

b) Construcción nova Avenida Julio Sesto-Simón del Mazo (orzamento de execución: 9.809.827 ptas.).

c) Reconstrucción vivenda Milagros Enríquez Rivero (orzamento de execución: 7.233.305 ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección.

Os indicados no punto dous (non se aditen baixas) e os criterios sinalados na cláusula 13ª do prego.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo.

b) Definitiva: 4% do adxudicatario.

c) Así mesmo, presentarase a oportuna fianza correspondente ó 4% das melloras presentadas e valoradas economicamente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría do Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

Teléfono: 986 62 50 00.

Fax: 986 62 60 34.

d) Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10ª do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Rosal, das nove ás catorce hora.

9. Prazo de vixencia das ofertas.

Tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas.

Nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos

sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

O Rosal, 6 de agosto de 1999.

Jesús María Fernández Portela

Alcalde