Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GOMESENDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende (Ourense).

2. Obxecto do contrato:

-Execución das obras de construcción de accesos á igresa de Poulo e Cerdal.

-Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.073.718 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 2 por cento do orzamento base de licitación. As empresas clasificadas para a contratación de obras non terán que presentala.

6. Obtención de documentación e información:

Na casa do Concello de Gomesende (Sobrado). (Tfno.: 988 48 50 00) ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación das ofertas:

As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura das proposicións económicas:

Na casa do concello ás trece horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Modelo de proposición:

Expediente de contratación das obras de...

Don/Dona..., con domicilio en... núm... DNI..., en nome propio (ou en representación de...) informado da convocatoria para a contratación de referencia fai constar:

A) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto e dispón da clasificación requirida.

B) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e comprométese a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.

C) Outras circunstancias:

C.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas... (en letra e número).

C.2. Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego... (detallar).

(Lugar, data e sinatura do propoñente)

Gomesende, 16 de agosto de 1999.

Redigundo Castro Fernández

Alcalde