Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da subestación de Mazaricos 220/66 kV, provincia da Coruña. (Expediente 84/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para

efectos de notificación na Avda. de Arteixo, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 17 de febreiro de 1999, a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública da subestación de Mazaricos 220/66 kV e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntanse o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

No sistema de 220 kV. Contará con:

-Un módulo de liña a 220 kV.

-Un módulo de medida e posta á terra de barras.

-Un módulo de transformador 220/66 kV.

-Un transformador trifásico de 15 MVA e relación de transformación 220/66 kV.

No sistema de 66 kV contará con:

-Un módulo de transformador 220/66kV.

-Nove módulos de liña de 66 kV.

-Un módulo de transformación para servicios auxiliares 66/0,380-0,220 kV.

-Un transformador para servicios auxiliares de 250 kVA. E tensións 66/0,380-0,220 kV.

-Un módulo de medida de barras de 66 kV.

-Un módulo de axuste de barras.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 24-2-1999, publicándose no DOG do 29-4-1999, no BOP da Coruña do 29-4-1999 e en La Voz de Galicia do 19-4-1999.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto

2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la subestación de Mazaricos 220/66 kV.

Declara-la utilidade pública, en concreto, da subestación de Mazaricos 220/66 kV, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria