Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 4 de agosto de 1999, aprobou o cadro de características técnicas para a contratación das obras que a seguir se relacionan.

A contratación, que se adxudicará mediante concurso, por procedemento aberto, rexerase polo disposto no prego tipo de cláusulas económico-administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de xuño de 1996, coas especificacións contidas no cadro.

Cadro de características técnicas.

1. Proxecto: saneamento do núcleo de Augadoce.

2. Tipo de licitación: cinco millóns setecentas noventa e catro mil setenta e dúas (5.794.072) ptas., (34.823,07 euros) de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 4.087.471 ptas.

Gastos xerais: 531.371 ptas.

Beneficio industrial: 245.248 ptas.

Honorarios Redacc. Proxec.: 130.799 ptas.

IVE (16%): 799.183 ptas.

3. Financiamento: incluído no Programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais (PIEL) financiado na súa integridade pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: urxente.

7. Prazo e lugar de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do con

cello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantía provisional: 115.881 ptas.

9. Garantía definitiva: 231.762 ptas.

10. Revisión de prezos: considerado o reducido prazo de execución, non procede a revisión de prezos.

Cadro de características técnicas.

1. Proxecto: abastecemento de auga ó burgo de Cabana.

2. Tipo de licitación: dez millóns (10.000.000) de pesetas, (60.101,21 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 7.054.574 ptas.

Gastos xerais: 917.095 ptas.

Beneficio industrial: 423.275 ptas.

Honorarios Redacc. Proxec.: 225.746 ptas.

IVE (16%): 1.379.310 ptas.

3. Financiamento: incluído no Programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais (PIEL) financiado na súa integridade pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. Prazo de execución: catro meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: urxente.

7. Prazo e lugar de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantía provisional: 200.000 ptas.

9. Garantía definitiva: 400.000 ptas.

10. Revisión de prezos: considerado o reducido prazo de execución, non procede a revisión de prezos.

Viveiro, 5 de agosto de 1999.

César Aja Mariño

Alcalde