Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

Obxecto: a prestación de tódolos seguros do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Tipo de licitación: non se fixa, o prezo deberán ofertalo os licitadores.

Duración do contrato: 1 ano, prorrogable por anualidades.

Garantías: provisional: 100.000 ptas. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vilargarcía de Arousa, de 9.30 a 13.30 horas, ou por correo na forma legalmente establecida, dentro dos

26 días naturais seguintes a aquel en que se publique o último anuncio no BOP o no DOG.

Documentación: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións que se encontra á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do décimo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase o seguinte día hábil.

Vilagarcía de Arousa, 28 de xullo de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde