Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de agosto de 1999 pola que se autoriza a permuta dos puntos de fondeo entre os viveiros Betanzos e Juan-José.

Visto o expediente instruído por petición de Manuel Betanzos Cacabelos, con DNI: 35.347.363, e Mª del Carmen Múñiz Queiruga, con DNI: 76.515.209, polo que se solicitan permuta-los puntos de fondeo entre os viveiros:

Nome do viveiro: Betanzos.

Titular: Manuel Betanzos Cacabelos.

Situación: Cambados, polígono G, cuadrícula nº 115.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 19-6-2005.

Nome do viveiro: Juan-José.

Titular: Mª del Carmen Múñiz Queiruga.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 144.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 12-4-2003.

Tendo en conta os informes do Servicio de Protección de Recursos e a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme os artigos 11 e 12 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería

RESOLVE:

Acceder á permuta dos puntos de fondeo solicitada, quedando a situación e a vixencia dos viveiros na orde seguinte:

Nome do viveiro: Betanzos.

Titular: Manuel Betanzos Cacabelos.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 144.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 12-4-2003.

Nome do viveiro: Juan-José.

Titular: Mª del Carmen Múñiz Queiruga.

Situación: Cambados, polígono G, cuadrícula nº 115.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 19-6-2005.

Os traslados das bateas ás novas situacións contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación desta orde.

A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á delegación comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efecctos de que este se realice baixo a supervisión e o control de personal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

P.D. (Orde do 17-12-1997, DOG 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura