Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de agosto de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da adquisición de dous lotes de maquinaria agrícola para os centros de capacitación agraria de Lourizán, Becerreá, Guísamo, Ribadeo e Sergude.

Advertidos erros materiais na devandita resolución, publicada no DOG nº 169, do 1 de setembro, fanse as oportunas correccións:

Onde di que o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 10 de setembro de 1999, debe dicir que rematará ás 14 horas do día 4 de outubro de 1999.

Onde di que a apertura das ofertas será ás 13 horas do día 22 de setembro de 1999, debe dicir que a apertura das ofertas será ás 13 horas do 14 de outubro de 1999.