Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

EDICTO.

O alcalde-presidente, por Resolución do 5 de xullo de 1999, aprobou o proxecto de accesos o núcleo de Chousa de Abaixo (modificado) por un importe total de execución por contrata de 7.655.069 ptas., o cal se divide en dúas fases independentes:

a) 1ª fase (tramo CC1C2C3C4 e vías transversais CIB1, C2B4 e B4C3) por un importe de 2.778.456 ptas.

b) 2ª fase (vía ribeira BC) por un importe de 4.876.613 ptas.

O citado proxecto exponse ó público durante 30 días para os efectos de exame e alegacións por cantas persoas se teñan por interesadas.

A Pontenova, 30 de xullo de 1999.

P.S.

David Jorge García García

Primeiro tenente alcalde