Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 17 de agosto do ano en que estamos, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso das obras dos proxectos de pavimentación de accesos

a núcleos de poboación de Xemil, Lagoa, Alvare, Corvelle e Reigosa e abastecemento de auga a Foxaca, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación de ámbalas obras, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto dos contratos:

a) Pavimentación de accesos en núcleos de poboación de Xemil, Lagoa, Alvare, Corvelle e Reigosa.

-Prazo de execución: cinco meses.

-Orzamento de licitación: 16.862.436 ptas.

-Garantía provisional: 337.249 ptas.

-Garantía definitiva: 674.497 ptas.

b) Abastecemento de auga a Foxaca.

-Prazo de execución: dous meses.

-Orzamento de licitación: 3.500.000 ptas.

-Garantía provisional: 70.000 ptas.

-Garantía definitiva: 140.000 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, Praza de Galicia, nº 1.

6. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Antecedentes relativos a obras de naturaleza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata oito puntos.

-Unidades de obra adicional, ata seis puntos.

-Prazo de execución, ata catro puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 19 de agosto de 1999.

José Yáñez García

Alcalde