Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/205-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vigo-Tallos.

Situación: Dodro.

Características técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV, de 304 e 20 m de lonxitude, en conductor P.A.-50 e R.H.V.-95 mm, que parte do apoio nº 27 da L.M.T. Padrón-Rianxo e termo no C.T. de pé de poste de 250 kVA. Rede de baixa tensión de 525 m aéreos e 30 m subterráneos, en conductor R.Z. Concello de Dodro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña