Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Energía de Galicia, S.A. denominado PEE Engasa.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energía de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en rúa Londres, nº 11 B, baixo, 15703 Santiago de Compostela, sobre aprobación do PEE Engasa; resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 21 de xullo de 1998, Benito Fernández González, en nome e representación de Energía de Galicia, S.A., solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado PEE Engasa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que

se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 16 de setembro de 1998, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, xa citado. A citada resolución publicouse no BOE do 9 de outubro de 1998 e no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1998.

As características principais do PEE Engasa que se someteron a información pública son:

NomeMunicipios XY

GalleiroPonteareas, Mos, Pazos

de Borbén

534.0004.678.000

540.0004.678.000

540.0004.668.000

534.0004.668.000

ParañosCovelo548.0004.678.000

553.0004.678.000

553.0004.668.000

548.0004.668.000

Barcia de MeraCovelo, Mondariz, Fornelos de Montes553.0004.678.000

549.0004.678.000

553.0004.684.000

549.0004.684.000

O CurroCotobade539.0004.705.000

543.0004.701.000

543.0004.696.000

539.0004.702.500

PinzásTomiño, Gondomar516.0004.660.000

520.0004.660.000

520.0004.650.000

519.0004.650.000

LagoaSanta Comba, Zas509.0004.770.000

510.0004.769.000

511.0004.769.000

509.0004.764.000

506.0004.764.000

506.0004.765.500

CastrovePontevedra, Poio, Meis523.0004.706.000

527.0004.706.000

527.0004.703.000

525.0004.700.500

521.0004.700.500

MesíaMesía, Cesuras556.0004.770.500

556.0004.779.000

566.0004.779.000

566.0004.770.500

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 50 MW.

Total de hectáreas solicitadas: 29.850 ha.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes de plans eólicos estratéxicos en competencia formuladas por:

1. Desarrollos Eólicos, S.A. (DESA).

2. Eurovento, S.L. Unipersonal.

3. Planta Eólica de Galicia, S.A. (PEGSA).

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio soli

citadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en compentencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Medioambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Energía de Galicia, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aproba-lo plan eólico estratéxico PEE Engasa referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 50 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, consonte o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Enerxía de Galicia, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase segundo as seguintes condicións:

Primeira.-Engasa, S.A. realizará a investigación de 6 áreas, cun investimento total de 1,25 millóns de pesetas anuais por área.

Segunda.-Enerxía de Galicia, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-la dita formulación nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente en prol de verifica-lo cumprimento do establecido nesta alínea.

Tercera.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalaciones será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Enerxía de Galicia, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

Quinta.-A empresa Enerxía de Galicia, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos que seleccione, logo de autorización da Dirección Xeral de Industria. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos seleccionados.

Sexta.-Energía de Galicia, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sétima.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no PE estratéxico

NomeMunicipios XY

GalleiroPonteareas, Mos, Pazos de Borbén534.0004.678.000

540.0004.678.000

540.0004.668.000

534.0004.668.000

O CurroCotobade539.0004.705.000

543.0004.701.000

543.0004.696.000

539.0004.702.500

PinzásTomiño, Gondomar516.0004.660.000

520.0004.660.000

520.0004.650.000

519.0004.650.000

LagoaSanta Comba, Zas509.0004.770.000

510.0004.769.000

511.0004.769.000

509.0004.764.000

506.0004.764.000

506.0004.765.500

CastrovePontevedra, Poio, Meis523.0004.706.000

527.0004.706.000

527.0004.703.000

525.0004.700.500

521.0004.700.500

MesíaMesía, Cesuras556.0004.770.500

556.0004.779.000

566.0004.779.000

566.0004.770.500

Potencia eólica estimada das áreas que hai que estudiar: 50 MW.

Total de hectáreas aprobadas: 22.450 ha.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 7.500 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Energía de Galicia, S.A. realizará a investigación de 6 áreas facendo un investimento total de 15.000.000 de ptas., acadando un investimento medio de 1.250.000 ptas./ano área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación cos do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Enerxía de Galicia, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación a empresa galega Gestenga.