Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xullo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncian as contratacións dos servicios de mantemento integral dos aparellos médicos (expediente 9901CHOP) e da organización, depuración, encarpetado, unificación e integración dos arquivos de historias clínicas, así como a xestión das historias clínicas (expediente 9906CHOP), mediante concurso público e polo procedemento aberto.

Advertidos da omisión da data límite de recepción das ofertas na publicidade dos anuncios inseridos nos BOE nº 192 e 193, do 12 e 13 de agosto de 1999, e no Diario Oficial de Galicia nº 158 do 17 de agosto de 1999, comunícase que o prazo de finalización de recepción das ofertas dos ditos concursos será o día dezaseis de setembro de 1999.