Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na poboación de Ponteceso (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A. con enderezo na praza da Palloza nº 3, 2º, A Coruña.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na

poboación de Ponteceso, provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

-Centro de almacenamento, composto por dous depósitos para G.L.P., aéreos, de 22,09 m de capacidade unitaria, dotado de equipo de gasificación, regulación e transvasamento adecuados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución en M.P.B. (1,75 kg/cm) con encanamento en polietileno de media densidade, cunha lonxitude total de aproximadamente 4.147 m e diámetros de 90, 63 e 40 mm. Fóra do centro de almacenamento discorrerá soterrada por zonas públicas, e calcularase tanto para G.L.P. coma para gas natural.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta a poboación de Ponteceso, na provincia da Coruña.

Orzamento: cincuenta e un millóns trescentas cincuenta e catro mil corenta e cinco pesetas (51.354.045 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, así coma na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria