Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do día 28 de xullo de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra que se menciona a continuación, queda exposto ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no último dos boletíns (BOP de Lugo, DOG) en que apareza publicado.

Anúnciase ó mesmo tempo a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, aínda que a licitación se aprazará no

caso de que se presenten reclamacións en contra do prego de condicións:

Título da obra:

Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Meda, Prebello, Navia, Barcia, Mera, Coea, Piñeiro e Vilagoncide.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

Obxecto do contrato:

a) Descrición: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Meda, Prebello, Navia, Barcia, Mera, Coea, Piñeiro e Vilagoncide.

b) Lugar de execución: Navia de Suarna.

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

Tramitación:

a) Carácter: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

a) O orzamento de execución por contrata ascende a dezasete millóns oitocentas trinta e tres mil oitocentas noventa (17.833.890) pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional e definitiva:

Garantía provisional: 356.678 pesetas.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención de documentación e información:

Concello de Navia de Suarna, praza de España, número 1, localidade: A Pobra, código postal: 27650, teléfono: 982 36 51 66. Fax: 982 36 51 12, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns nos que apareza publicado (DOG ou BOP de Lugo).

Requisitos específicos do contratista:

Non se esixen.

Outros requisitos:

Non se esixen máis requisitos cós establecidos na lei.

Proposicións e documentación complementaria:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns (DOG ou BOP de Lugo) en que apareza publicado. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro de entrada do Concello de Navia de Suarna, en horario de 9 a 14 horas.

Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, número 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data: 5º día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas. Se o día de apertura coincide con sábado ou inhábil, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: todos por conta do contratista.

Navia de Suarna, 29 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado