Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

Aprobados pola Comisión de Goberno do Concello de Meis, os pregos de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán as contratacións, por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, das seguintes obras:

-Saneamento e servicios Avda. Mdico Paz García, do POL-99.

Tipo de licitación: 20.000.000 de pesetas.

-Camiño de acceso a Pompeán e outros, do PPOS-99.

Tipo de licitación: 10.138.984 pesetas.

-Rede secundaria de abastecemento de auga en Paradela, do F C EE LL /99.

Tipo de licitación: 10.436.119 pesetas.

Quedan expostos ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aplazará no caso de se presentar reclamacións ós pregos de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de tódolos expedientes, tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

c) Garantías:

-Provisional: 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución de tódolos expedientes: seis meses.

e) Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, de 9 a 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no DOG.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Obras de natureza análoga.

h) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás once horas do día quince de setembro de 1999.

Meis, 26 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado