Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.718

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 19 de agosto de 1999 pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 2 de xuño de 1999.

Por Orde do 2 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 113, do 15 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente. Por Orde do 22 de xullo de 1999 resolveuse parcialmente a citada convocatoria.

En consecuencia, en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 2 de xuño de 1999.

Segundo.-Declarar deserta a provisión dos seguintes postos:

Código de posto: MA.C05.00.001.15770.001.

Denominación do posto: xefe do Departamento de Educación e Información Ambiental.

Centro directivo: Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Código de posto: MA.C05.00.002.15770.001.

Denominación do posto: xefe do Departamento de Investigación e Tecnoloxía Ambiental.

Centro directivo: Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Código de posto: MA.C05.00.001.15770.005.

Denominación do posto: xefe da Área de Información, Formación e Educación Ambiental.

Centro directivo: Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1988, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xul

gado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente