Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO.

Aprobados os pregos de cláusulas económicas administrativas particulares que rexerán para a contratación das obras que se sinalan no presente anuncio e que se expoñen ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOP e DOG, para os efectos de presentación de reclamacións. Igualmente anúnciase a licitación das mesmas obras, mediante concurso aberto polo trámite de urxencia, podendo presentarse as ofertas na secretaría do concello durante o prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP e DOG, prazo que se interrompería no caso de presentación de alegacións contra os pregos de cláusulas económico administrativas.

Obras que se anuncian (título, plan, orzamento).

1. Acceso á Fraga e Vilariño. PIEL 99. 3.010.903 pesetas.

2. Acceso e abastecemento en Parada. PIEL 99. 5.083.649 pesetas.

3. Acondicionamento en Bergadas, Carreiras e Senderiz. Plan Base 99. 13.000.000 de ptas.

4. Rede de sumidoiro en Vilariño de Sta. Cristina e outros. Plan de Comarcas e Acción Especial. 7.404.000 pesetas.

Fianza provisional: 2% do orzamento da obra. Fianza definitiva: 4%.

Apertura de plicas: primeiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Información e documentación: secretaría do concello, de 9 a 14 horas.

Teléfono: 988 45 85 13/988 45 85 45. Fax: 988 45 85 79.

Lobeira, 2 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado