Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno do 17 de agosto de 1999 polo que se anuncia concurso, en procedemento aberto e por trámite de urxencia, para a contratación das seguintes obras:

1. Acondicionamento e afirmado de accesos a núcleos e pistas (proxecto nº 210-1 do PIEL/1999).

2. Renovación da rede de abastecemento de auga na vila de Castro de Rei e Santa Leocadia. (Obra nº 0014 do P. Prov. de Cooperación ás O.S. Municipais/1999).

Tipo de licitación, IVE incluído:

a) Para a primeira obra: 22.501.373 ptas.

b) Para a segunda obra: 15.368.000 ptas.

Fianzas:

a) Para a primeira obra: provisional: 450.027 ptas. (2% do tipo). Definitiva: 900.055 ptas. (4% do tipo).

b) Para a segunda obra: provisional: 307.360 ptas. (2% do tipo). Definitiva: 614.720 ptas. (4% do tipo).

Ámbalas dúas poderán constituírse en calquera das formas admitidas na actual normativa de contratación.

Plicas: durante os 13 días naturais a partir do último anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

Apertura de plicas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información e obtención de documentación: o modelo de proposición e información sobre a documentación a presentar, así como copia do prego de cláusulas administrativas particulares, poderá obterse nas oficinas municipais do Concello de Castro de Rei, das 9 ás 14 horas. Teléfono: 982 31 40 34, e telefax: 982 31 40 61.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na Secretaría do Concello.

Castro de Rei, 17 de agosto de 1999.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde