Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de xullo de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 38/1999, por non ocupación.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial do IGVS, para alegar por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, para achegar ou para propoñe-las probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por efectuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 21 de xullo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 38/1999 (non ocupación).

Adxudicataria: Mª Dolores Vicente Martín e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Padre Feijoo, bloque 25, P-2, 3º D, polígono de Caranza-Ferrol (C-2-CD/68, conta 1758).

Data de notificación: 12-7-1999 e 13-7-1999.