Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de xullo de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución dos expedientes administrativos de desafiuzamento 18/1999 e outro máis.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, a proposta dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación á proposta ante este servicio provincial do IGVS, para alegar por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, para achegar ou para propoñe-las probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por efectuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezos descoñecidos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 21 de xullo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 18/1999 (non ocupación).

Adxudicatario: Jerónimo Pardillo González e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Pedro Carvajal, bloque 18, P-1, 5º Esq. (Ferrol) (C-2-CD/68, conta 1450).

Data de notificación: 15-7-1999 e 16-7-1999.

Nº de expediente de desafiuzamento: 11/1999 (non ocupación).

Adxudicataria: Melchora Abuín Bouza e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Armada Española, 24-4º Esq., polígono de Caranza (Ferrol) (Expte. C-2-CD/68, conta 1722).

Data de notificación: 15-7-1999 e 16-7-1999.