Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Moaña con número XG-179 e casa central na rúa Ramón Cabanillas, 130 de Moaña.

Visto o expediente instruído por instancia de María Lilia Rodríguez Malvido, na súa calidade de titular de Viajes Moaña, en solicitude de concesión do oportuno título licencia da axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que coa referida solicitude se xuntou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/89, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Concédese título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-179, a Viajes Moaña, con casa central en Moaña, na rúa Ramón Cabanillas, 130, da que é titular María Lilia Rodríguez Malvido, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo