Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999 pola que se notifica a realización do acto da recepción das obras de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica e outro máis.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 27 de decembro), que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), e resultando infructuosas as notificacións persoais intentadas no domicilio coñecido por esta consellería, resolvo notificarlle por este medio á empresa Cyr Galicia, S.L., a realización do acto formal de recepción das obras que se indican a seguir, para o día 2 de setembro de 1999, ás 11 horas.

-Construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña) e reformado adicional sen variación económica.

-Complementario ó de construcción dun centro de ensino infantil e primario de 22 unidades en Arteixo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria