Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de xullo de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00349-O-1998 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 13 de xullo de 1999.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de

Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00349-O-1998

PO-4412-AX

G.C. Tráfico

José Antonio Crespo Barreiro

Andurique, 19

36995 Poio (Pontevedra)

Circular transportando flores; o vehículo carece do distintivo de ámbito do transporte na parte posterior. Servicio privado.

11-3-1998; 11.40; C-550; 23,100

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto 1211/1990

5.000 ptas.
PO-00692-O-1998

C-1276-AF

G.C. Tráfico

Luis Penas Cabaleiro

Pastor Díaz, 18-7º A

156 A Coruña

Efectuar un transporte de trinta pezas de canaleta desaugadoiro, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

7-5-1998; 12; A-9; 137,500

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto 1211/1990

25.000 ptas.
PO-01011-O-1998

OR-5962-I

G.C. Tráfico

Lucía Covelo Pérez

Enrique Lorenzo, 1-1º C

36207 Vigo (Pontevedra)

Carece de tarxeta de transportes por estar caducada. Servicio público.

22-6-1998; 10.00,57; N-120; 66,150

Art. 199 b) do Real decreto 1211/1990Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto 1211/1990

5.000 ptas.
PO-01627-O-1998

PO-3441-AD

G.C. Tráfico

Aloya Distbcns, S.L.

Avda. 26 de Julio, 100-4º B

36700 Tui (Pontevedra)

Circular transportando teas metálicas carecendo de autorización de transportes. Realiza un servicio privado.

8-10-1998; 10.10; N-558; 4,5

Art. 199 b) do Real decreto 1211/1990Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto 1211/1990

5.000 ptas.
PO-01734-O-1998

SG-3041-F

G.C. Tráfico

Frutas Crisilbe, S.L.

Canibelos, 2

36930 Bueu (Pontevedra)

Transportar froita, carecendo de distintivos en cabina. Servicio privado.

16-10-1998; 10.50; C-550; 97

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto 1211/1990

10.000 ptas.