Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, na sesión do día da data, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do sector I das normas subsidiarias-predio Nomdedeu, por solicitude da xunta de compensación de Mirador do Miño, S.A., de conformidade co disposto nos artigos 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 21.1º j) da Lei 7/1985, modificada pola Lei 11/1999 e delegacións de competencia acordadas. Queda exposto ó público o expediente na secretaría municipal durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, para o seu exame e presentación de alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Barbadás, 9 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado