1. Obxecto e orzamento: contratación dun servicio para xestión, por lotes, da subscrición de publicacións periódicas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de quince millóns catrocentas cincuenta e cinco mil duascentas oitenta e cinco pesetas (15.455.285 ptas., IVE incluído).
Orzamento en euros: 92.888,13.
2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Prazo de execución: ver punto 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
7. Admisión de variantes: non se admiten.
8. Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares
12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral