De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1495/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente sancionador: Secretaría 52/1999.
Denunciado: Antonio Villa Vispo y otro, C.B.
DNI/CIF: E-15382427.
Derradeiro enderezo coñecido: peirao do Leste-Almacén P.25/ A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 100.000 pesetas.
A Coruña, 23 de xullo de 1999.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña