Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de material e medios de laboratorio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material e medios de laboratorio.

b) División por lotes e número: si, 32 lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: o que especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos cincuenta e cinco millóns de pesetas (355.000.000 de ptas.).

Dous millóns cento trinta e tres mil cincocentos noventa e tres euros (2.133.593) euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% de cada lote.

Definitiva: 4% de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria (Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal-Servicio de Sanidade Animal) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás os sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: (http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 4 de outubro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 15 de outubro de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

José Mariano Pérez Fernández

Director xeral de Desenvolvemento Rural