Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 16/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2819/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10, 1º Esq., 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Novo.

Municipios afectados: Valdoviño, Narón e San Sadurniño.

Superficie afectada e coordenadas: 2.212 ha.

V (569.500W, 4.828.000N), V (572.500W, 4.829.000N),

V (574.000W, 4.822.500N), V (571.000W, 4.821.000N),

Potencia que se vai instalar: 18,75 MW.

Durante o prazo de 20 días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 2 de agosto de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña