Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 15/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2819/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10, 1º Esq., 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Monte Redondo.

Municipios afectados: Laxe, Vimianzo e Camariñas.

Superficie afectada coordenadas: 8.785 ha.

V (500.000W, 4.782.800N), V (500.000W, 4.774.500N),

V (495.000W, 4.770.500N), V (486.000W, 4.777.000N),

V (486.000W, 7.778.000N), V (488.000W, 4.777.000N),

V (491.000W, 4.777.000N) e V (491.000W, 4.779.000N).

Potencia que se vai instalar: 49,50 MW.

Durante o prazo de 20 días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 2 de agosto de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña