Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso das obras de abastecemento e saneamento de glorieta e rúa Castelao (obra número 491/POL 1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 163/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de abastecemento e saneamento de glorieta e r/ Castelao.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.600.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 252.000 ptas.

Definitiva: 504.000 ptas., mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 5-8-1999.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 9 de agosto de 1999.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións