1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 164/99.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de saneamento barrio de Mandín e r/ Viriato e outros.
b) Lugar de execución: Concello de Verín.
c) Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 13.300.000 ptas.
5. Garantías.
Provisional: 266.000 ptas.
Definitiva: 532.000 ptas., mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publi
cación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
8. Presentación das proposicións.
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.
c) Lugar de presentación: (mesmos datos puntos 6).
d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.
e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.
9. Apertura das ofertas.
a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
b) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.
b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 5-8-1999.
c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 9 de agosto de 1999.
Mª Corona Meixeira Romasanta
Alcaldesa en funcións