Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de agosto de 1999 pola que se autoriza a modificación do artigo 17.5º dos estatutos da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa,

Resultando que esta fundación foi clasificada como benéfico-docente por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de xullo de 1986, e que se encontra inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 164,

Resultando que a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa solicitou perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación do punto 5º do artigo 17 dos seus estatutos,

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación e as súas posteriores modificacións,

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento,

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32 3º e 38 dO dito regulamento,

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional,

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la modificación do punto 5º do artigo 17 dos estatutos da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, engadíndolle o seguinte parágrafo: Non obstante, con carácter excepcional, por ser excepcional a persoa que nel concorre, créase outra vicepresidencia, vinculada á persoa de Joaquín Arias y Díaz de Rábago, que a desempeñará mentres viva e que se extinguirá no momento do seu pasamento.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria