Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Prado, 2779.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 23 de marzo de 1999, se outorgou o permiso de investigación Prado nº 2779, de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que

se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 23 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra