Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 12 de xullo de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa San Andrés-O Carril, promovido por Pescavella, S.L. e redactado polo enxeñeiro técnico de O.P. Alfredo Montero Vaz.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xullo de 1999.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde