Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases para a constitución da xunta de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4152/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da unidade de execución IV-12 Ramón Nieto, 6, presentado con data do 20 de maio pasado, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo, pola entidade Pirsa O Grove, S.A., someténdoo a información pública polo prazo de vinte días mediante a inserción de anunios no DOG, segundo establece o artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma lei; e no BOP (artigo 161.3º do RXU), con inserción neste último do proxecto de bases de actuación e estatutos.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que consideren pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Infor

mación Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 5 de agosto de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de

Urbanismo