Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da subministración de estación total para o topógrafo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da suministración de referencia.

b) Prazo de entrega: trinta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 2.436.000 ptas., incluídos todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 48.720 ptas. Definitiva: 97.440 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura de las ofertas: pola Mesa de Contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidira en sábado a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1) Prezo: ata un 70%.

2) Mellores características técnicas do material: ata un 15%.

3) Prazo de garantía: ata un 15%.

Pontevedra, 28 de xullo do 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral